Comezan as obras para peonalizar o barrio do Cabo en Lourizán

Pontevedra
10 de outubro 2016

A empresa E.C. Casas acometerá as obras que comezan este luns, 10 de outubro, e que teñen un orzamento de 60.000 euros. No lugar do Cabo está prevista a recuperación integral deste barrio mariñeiro

Zona do Cabo, en Lourizán Concello de Pontevedra

As obras de mellora de accesibilidade e de rehabilitación no lugar do Cabo, na parroquia de Lourizán, comezan este luns 10, segundo apunta o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez.

Os traballos supoñerán a peonalización do barrio, con acceso de vehículos só para residentes. A empresa E.C. Casas acometerá as obras cun orzamento de 60.000 euros.

A intención do goberno local é recuperar este barrio mariñeiro, un proxecto que opta a lograr unha subvención do Grupo de Acción Costeira, que permitiría ampliar a proposta a outras zonas do barrio, mellorar a iluminación ou realizar traballos de recuperación patrimonial tanto no relacionado coa toponimia como do paseo que circunda o colexio de Praceres.

Con esta obra finaliza a actuación prevista nesta zona da parroquia e que o goberno municipal entende vai garantir a seguridade dos escolares do centro educativo.