Comienza la construcción de 20 nichos en el cementerio municipal de Lourizán

Pontevedra
11 de xaneiro 2017

Esta actuación resposta a unha vella petición dos veciños da parroquia, a máis poboada de toda Pontevedra, e que tiña carencia destas instalacións mortuorias

Cementerio de Marín

O servizo de Cemiterios do Concello de Pontevedra iniciou nestas semanas os traballos de construción de 20 novos nichos no cemiterio municipal de Lourizán. 

Esta actuación resposta a unha vella petición dos veciños da parroquia, a máis poboada de toda Pontevedra, e que tiña carencia destas instalacións mortuorias.

A concelleira de cemiterios, Carmen Fouces, apostou pola construción destes nichos, a pesar de que hai nichos libres no cemiterio municipal de San Amaro, para aliviar e tranquilizar a todos os veciños nestes transos.