Como ser máis competitivos grazas á tecnoloxía

Pontevedra
06 de outubro 2016

Este xoves se presentou na Casa da Luz de Pontevedra o proxecto "SmartPeme" de orientación ás Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), dirixido a pemes e persoas emprendedoras da provincia

Xornadas Smartpeme PontevedraViva

Este xoves se presentou na Casa da Luz de Pontevedra o proxecto "SmartPeme" de orientación ás Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), dirixido a pemes e persoas emprendedoras da provincia.

É unha iniciativa que nos seus primeiros tres meses de vida xa atendeu a máis de 200 pequenas e medianas empresas da provincia.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu o arranque da xornada acompañada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

SmartPeme é unha carteira de servizos para que a través das TIC as pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e emprendedoras teñan a capacidade de ser máis competitivas, eficaces e obter mellores resultados.

Nesta xornada expuxéronse cinco casos de éxitos de empresa con alto contido innovador da provincia: Bioprana World, CreAPPCuentos, ImasV, Monet Tecnología e Innovación e, por último, Xeométrica.