O Concello de Ponte Caldelas finalizou este sábado a instalación de fontes desinfectantes, coa colocación das tres últimas.
En concreto habilitáronse 12 estacións deste tipo, con dispensadores de xel hidroalcólico nas que os veciños poderán desinfectar as súas mans antes e despois de entrar nos establecementos comerciais.
Unha decena das fontes colocáronse no centro urbano, fronte aos supermercados Froiz e Día, a Praza de Abastos, Praza de España, no inicio do Paseo da Calzada, á entrada do Concello, fronte ao Pipeiro, na Avenida de Pontevedra, na Rúa da Ponte e na rúa González Besada, ademais de no polígono industrial da Reigosa e no exterior Ultramarinos Casa Xustáns.
As fontes desinfectantes, sinala e goberno local, foron ideadas, deseñadas e elaboradas en Ponte Caldelas polo equipo de operarios municipais, que as fabricaron nun tempo récord.
Contan cun dispensador de xel e para activalo só hai que pisar un pedal, evitando así o contacto manual. No seu interior portan un depósito con capacidade para cinco litros.