Tres novas fontes desinfectantes no exterior dos ultramarinos do rural

Ponte Caldelas
24 de maio 2020

Instaláronse ante as tendas de alimentación de Buchabade, Taboadelo e Xustáns

Fonte desinfectante
Fonte desinfectante / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas instalou tres novas fontes desinfectantes no exterior das tendas de ultramarinos do rural do municipio. O obxectivo é que, ao igual que acontece no casco urbán, todas as persoas que acuden a realizar as súas compras de alimentación e produtos básicos no rural teñan á súa disposición unha fonte desinfectante para hixienizar as súas mans.

Así, instalouse unha fonte dispensadora de xel hidroalcólico no ultramarinos de Buchabade, outra no de Taboadelo e unha terceira no de Xustáns. Estas pequenas tendas de alimentación son o lugar de compra de moitos veciños do rural, por proximidade e comodidade.

En total, o Concello de Ponte Caldelas instalou xa 17 fontes desinfectantes: trece no casco urbán (no Centro de Saúde, rúa da Igrexa, rúa Prolongación Paseo Cordo Boullosa, Rúa da Ponte, Avenida de Pontevedra, González Besada, diante do Froiz, diante do Día, diante da Praza de Abastos, fronte ao Pipeiro, na Praza de España, na entrada da Casa do Concello, no Paseo da Calzada, tres no rural (Buchabade, Xustáns e Taboadelo) e unha no Polígono de A Reigosa.