O Complexo Hospitalario de Pontevedra implanta con éxito unha prótese osteointegrada a un paciente amputado

Pontevedra
24 de maio 2025

A alternativa implantada neste paciente transformoulle a súa vida, pois a prótese conectada directamente ao seu óso ten implantada ademais un xeonllo electrónico que se manexa por computador

Primeira implantación en Galicia dunha prótese osteointegrada
Primeira implantación en Galicia dunha prótese osteointegrada / Sergas

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra levou a cabo con éxito a primeira cirurxía en Galicia de implantación dunha prótese de membro inferior mediante oseointegración.

Trátase dunha técnica avanzada que ofrece unha solución funcional y biomecánica superior ás próteses convencionais, e proporciona unha mellora da calidade da vida nos pacientes amputados.

Trátase dun fito médico e cirúrxico que empraza á Sanidade Pública galega e ao propio CHUP pontevedrés na vangarda das solucións avanzadas para persoas con amputacións.

O procedemento, realizado nun varón novo cunha amputación supracondilea, permite a conexión directa da prótese externa ao óso do paciente, algo parecido o que ocorre nos implantes dentais.

Cómpre sinalar que este procedemento desenvolveuse en dúas fases diferenciadas e complementarias, que requiriron a participación de equipos multidisciplinares altamente especializados. 

A primeira fase foi a cirúrxica -levada a cabo hai oito semanas- onde, nun único acto, implantouse un sistema de ancoraxe directamente no oso remanente do muñón do paciente amputado. E, na segunda fase, levouse a cabo a adaptación e a integración da prótese externa ao paciente.

A intervención cirúrxica foi efectuada polo equipo do servizo de Traumatoloxía do CHUP, coa colaboración do doutor Alberto Jorge Mora, actual xefe de Servizo de Traumatoloxía do CHUAC e experto en técnicas de reconstrucción e ciruxía pélvica.

Posteriormente, o proceso de protetización y readaptación funcional foi coordinado e levado a cabo pola unidade de amputados do Servizo de Rehabilitación e Medicina Física de Pontevedra -formada pola doutora Lourdes Rey Pita e a fisioterapeuta Esther Bouzas López- xunto con técnicos ortoprotésicos.

Precisamente este venres procedeuse á adaptación da prótese do paciente cunha técnica que a axusta e alinea con precisión ao vástago sen necesidade de encaixe. 

Desde o inicio desta intervención, os equipos profesionais dos servizos de Rehabilitación e de Traumatoloxía do CHUP asesoraron ao paciente, dando así mesmo un período de tempo suficiente para que o vástago que se lle implantou no seu óso integrara ben e que o pel do redor da saída de dito vástago cicatrizara axeitadamente.

Segundo sinala a xefa de servizo de Rehabilitación e Medicina Física do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, a doutora María Teresa Jorge Mora, "este tipo de sistemas de ancoraxe dentro do oso, mediante un implante metálico similar ao que se efectúa cos implantes dentais, coñécese internacionalmente como TOPS -acrónimo en lingua inglesa de Transcutaneous Oseointegrated Prosthetic Systems-".

FITO PIONEIRO EN GALICIA

Teresa Jorge Mora engade que "é un fito por primeira vez en Galicia que o noso Complexo implante en Pontevedra esta prótese osteointegrada, dado que para non poucas persoas con amputacións de perna o uso de próteses tradicionais pode converterse nunha experiencia complicada e con dor, irritacións de pel ou problemas de axuste. A alternativa implantada neste paciente transformoulle a súa vida, pois esta prótese osteo integrada BADAL X, conectada directamente ao seu óso ten implantada ademais unha c-leg, que é un xeonllo electrónico que se manexa por computador".