Concentración dos traballadores de Ence antes da folga de catro días

Pontevedra
08 de outubro 2014

En Huelva calcúlase que se despedirá 300 traballadores e outros 2.500 postos de traballo indirectos desaparecerían. Os traballadores ven con preocupación este proceso mentres esperan que a situación non se repita en Lourizán

Concentración de traballadores de Ence Pontevedra Comité de empresa Ence-Pontevedra

Preto dun centenar de traballadores da fábrica de Ence en Lourizán concentráronse este mércores na entrada do Centro de Operacións de Pontevedra mostrando o seu "apoio, solidariedade e desconformidade" coa medida tomada por parte da empresa cos seus compañeiros de Huelva e das oficinas centrais de Madrid.

En Huelva calcúlase que se despedirá 300 traballadores e outros 2.500 postos de traballo indirectos desaparecerían.

Os traballadores ven con preocupación este proceso mentres esperan que a situación non se repita en Lourizán.

O equipo da fábrica de celulosa pontevedresa irá á folga durante catro días en apoio aos seus compañeiros de Huelva. O paro durará dende o sábado 11 ata o 14 de outubro.