O Concello de Ribadumia acollerá esta fin de semana a XIV Concentración Moteira, organizada pola asociación Trasnos do Salnés.
A presentación oficial do evento celebrouse este venres na Praza do Concello, coa presenza de Vanesa Jorge, tenente de alcalde do Concello de Ribadumia, e por Benito Padín, presidente da organización
Tanto Jorge como Padín coincidiron no impacto deste evento na dinamización social e turística do municipio, así como na súa relevancia no calendario moteiro.
Estiman a chegada de ao redor de mil motocicletas ao longo da fin de semana.
O programa incluirá exhibicións, rutas polo municipio, actuacións musicais, entregas de premios e propostas gastronómicas, entre outras iniciativas dirixidas aos afeccionados ao motor.
Desde o Concello destacaron o traballo realizado polo persoal municipal na preparación e acondicionamento dos espazos que acollerán a concentración para garantir o correcto desenvolvemento do evento.