Unha muller resultou ferida a pasada madrugada nun accidente de tráfico rexistrado en Cambados.
O sinistro produciuse na estrada PO-550, ao seu paso pola parroquia de Castrelo.
A muller era a condutora e única ocupante dun turismo que se saíu da vía e chocou contra un farol.
Segundo a informacion facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, o vehículo causou danos a un farol de iluminación pública.
A muller, de 45 anos e veciña de Cambados, foi trasladada ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Cambados polos servizos sanitarios do 061.
Ademais do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, no accidente tamén interveu a Garda Civil de Tráfico.
Os axentes encargáronse de regular a circulación e elaborar o ateigado do ocorrido.