Congratulazioni Francesco, novo recoñecemento do restaurante Il Piccolo

Pontevedra
14 de xullo 2017

A Casa da Luz acolleu a entrega ao cociñeiro e restaurador Francesco Ianelli do diploma de recoñecemento do Circuíto Internazionale de Eccellenze Italiane á traxectoria do seu restaurante Il Piccolo. Este recoñecemento que acredita o elevado nivel da súa cociña, a calidade dos produtos e alimentos que utiliza e a súa profesionalidade

Novo recoñecemento do restaurante Il Piccolo Mónica Patxot

A Casa da Luz acolleu a entrega ao cociñeiro e restaurador Francesco Iannelli do diploma de recoñecemento do Circuíto Internazionale de Eccellenze Italiane á traxectoria do seu restaurante Il Piccolo.

Este recoñecemento que acredita o elevado nivel da súa cociña, a calidade dos produtos e alimentos que utiliza e a súa profesionalidade.

Ao acto de entrega do recoñecemento asistiron a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, xunto a Carlo Vincenti Proietti e Fabio Malteca que se achegaron a Pontevedra en representación do Comité de Eccellenze Italiane co fin de lle facer entrega da distinción.

O diploma afonda nunha traxectoria de calidade acreditada coa Q de Calidade e o recoñecemento como mellor restaurante italiano de España pola Unión de Cámaras de Comercio Italianas (Unioncamere) e o Instituto Nacional para as Investigacións Turísticas (Isnart) no 2011 e como mellor restaurante italiano de Europa un ano máis tarde.