Converter ameazas en oportunidades, proposta da plataforma impulsada por AEMPE ante o coronavirus

Pontevedra
18 de abril 2020

Trátase dunha iniciativa que desenvolven Aempe e La Neurona para ofrecer información e contribuír ao desenvolvemento das actividades da pequena e mediana empresa durante a actual crise sanitaria. Os recursos informativos que se atopan na web ofrecen as principais axudas institucionais e privadas para este sector

Plataforma de recursos para as pemes ante o COVID-19
Plataforma de recursos para as pemes ante o COVID-19

A Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa (AEMPE) e La Neurona impulsaron un proxecto para ofrecer axuda ás pequenas e medianas empresas (pemes). Desta forma, elaboraron unha páxina web na que se recolle información e ofrécense propostas para impulsar a este sector, motor da economía e elemento fundamental do tecido empresarial.

Trátase da primeira plataforma  online de información e axuda para pemes ante a crise xerada pola expansión do Covid-19 coa intención de ofrecer respostas ás necesidades urxentes.

A proposta contempla tres fases de acompañamento. Existe unha "Fase inicial de socorro a Pemes" para xerar contidos que permitan acceder a recursos tanto da administración pública como das iniciativas privadas que permitan rebaixar os danos económicos.

A segunda fase, denominada "Fase de preparación para a recuperación" divúlganse os contidos e formación para que as pemes poidan iniciar a adaptación a novos modelos de negocio que xurdirán despois de superada a crise. A idea é converter as ameazas actuais en oportunidades de negocio, segundo expoñen desde Aempe.

O último proceso, a "Fase de transformación", será para axudar ás pemes a que poidan adaptarse e buscar formas de produción e comercialización para enfrontarse a novos retos empresariais.