Convocado o Concurso de Postais de Nadal para escolares de Vilaboa

Vilaboa
25 de novembro 2023

Segundo informaron desde o goberno local, haberá catro categorías dependendo da idade dos participantes e terán ata o 20 de decembro para entregar os seus traballos tanto a través do correo [email protected] o de forma presencial na Casa de Cultura de Riomaior, nos centros educativos do municipio ou no propio Concello

O alcalde de Vilaboa con escolares do municipio
O alcalde de Vilaboa con escolares do municipio / Concello de Vilaboa

Convocado o Concurso de Postais de Nadal para escolares do Concello de Vilaboa de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.

Segundo informaron desde o goberno local, haberá catro categorías dependendo da idade dos participantes e terán ata o 20 de decembro para entregar os seus traballos tanto a través do correo [email protected] o de forma presencial na Casa de Cultura de Riomaior, nos centros educativos do municipio ou no propio Concello.

O xurado estará integrado por membros do Concello de Vilaboa, que valorarán a creatividade, orixinalidade e boa interpretación do tema do concurso, así como as habilidades gráficas demostradas acorde á idade do participante. O fallo o darán a coñecer o día 21 a través da web e as redes sociais.

Por outra banda, lembran que ata o 7 de decembro seguirá aberto o prazo para participar no Concurso de Decoración de Nadal, que este ano promove a dinamización de barrios e rúas convidando á veciñanza a crear grupos creativos cos que ambientar espazos públicos, viais, ou recunchos próximos.

Neste caso, haberá unha única categoría de participación, a colectiva, e o xurado valorará a utilización de material de refugallo para crear a ambientación navideña.

Premiarán a creatividade, sostenibilidade e decoración sostible, ademais do espíritu de Nadal que deberá estar reflexado na colaboración entre a veciñanza e o traballo en equipo e recuperando os valores de barrio.

As tres mellores decoracións serán dotadas con 200 euros cada unha.