Convocan unha concentración pacífica contra as becerradas en Pontevedra

Pontevedra
01 de xullo 2025
Actualizado: 02 de xullo

Os colectivos fan un chamamento a todas as persoas posicionadas en contra do maltrato animal a que se sumen a esta concentración de carácter pacífico.

Manifestación antitouradas en Pontevedra
Manifestación antitouradas en Pontevedra / Cristina Saiz

Os colectivos de activistas en defensa dos animais Touradas Fóra de Pontevedra, Irmandade Antiespecista de Pontevedra, Loita Raposa e AGA, en coa colaboración con Galicia Mellor Sen Touradas, coordinan unha concentración para manifestar o rexeitamento social de cara á celebración da becerrada de Pontevedra.

Será o vindeiro sábado 5 de xullo, en fronte da Praza de Touros de Pontevedra ás 18:00 horas.

Os colectivos fan un chamamento a todas as persoas posicionadas en contra do maltrato animal a que se sumen a esta concentración de carácter pacífico.

A protesta busca subliñar o "acto barbárico que supón empregar animais para entretemento infrinxindo sufrimento, maltrato e morte".

Demandan a súa total prohibición, desta e todas as prácticas vinculadas á tauromaquia, por atentar contra os dereitos dos animais. 

Esta becerrada é evento promovido pola Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra ao que só se poderá acceder con invitación previa.

Respecto diso desde a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas piden que non se permita a entrada a menores de idade.