Convocan unha concentración para este luns na Audiencia Provincial contra a sentenza á "Manada de Manresa"

Pontevedra
04 de novembro 2019

A convocatoria que se realiza en numerosas cidades españolas a través de colectivos feministas incide en que o fallo xudicial en que se condena a cinco dos seis acusados responde a unha xustiza patriarcal. Afirman que non se trata dun abuso senón dunha violación. A concentración está prevista para as 18.30 horas deste luns 4

Concentración para reclamar que se considere violación a agresión sexual contra unha menor en Manresa Cristina Saiz

A polémica sentenza da denominada "Manada" de Manresa, emitida po

En Pontevedra está previsto que se efectúe a concentración ás 18.30 horas deste luns 4 ante o edificio da Audiencia Provincial. Na convocatoria exprésase o desacordo coa sentenza "dos violadores de Manresa" e se indica que "non é abuso, é violación", expresións acompañadas polo hashtag: #BastaYaDeJusticiaPatriarcal.

Os colectivos feministas reclaman, desde a outra polémica sentenza da Manada de Pamplona, a reforma do Código Penal de maneira que se recolla que calquera agresión sexual sen consentimento explícito é violación.