Os restos arqueolóxicos de Cornelia, como se denominou á muller cuxos ósos foron atopados no xacemento da Lanzada, foron datados polo laboratorio Beta Analytic de Miami no século V despois de Cristo.
Tamén se enviarán á Universidade de León os restos óseos dos dous primeiros bebés aparecidos no castro que foron datados no século I e século II despois de Cristo. Así o anunciou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante este luns 14.
Tanto os técnicos da Deputación como os do propio laboratorio de Miami consideran que hai indicios de que a datación "podería estar alterada" polo alto consumo de peixe e marisco que presentan, o que influiría ao nivel de colágeno nos ósos.
Por este motivo van facer análises complementarias para "poder fixar con máis corrección a data" xa que cren que debería estar máis próxima ao século I, do mesmo xeito que os demais restos aparecidos.