Correos adapta o seu horario ás restricións do estado de alarma e abre tres horas ao día

Pontevedra
16 de marzo 2020
Actualizado: 14:34

As oficina da rúa Oliva, a avenida de Lugo e Campolongo en Pontevedra, como todas as de España, abrirán de 09.30 a 12.30 horas e durante todo o tempo de apertura velarase por que traballadores e clientes garden todos os protocolos ditados polas autoridades sanitarias

Oficina de Correos no primeiro día laborable de estado de alarma en Pontevedra Diego Torrado

Correos tamén implementou novas medidas organizativas e protocolos de actuación en cumprimento do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo  COVID-19. 

A empresa pública traballa para garantir a prestación do servizo postal universal que ten encomendado, pero adaptando o seu labor ao estado de alarma. Entre outras medidas, as oficinas de Correos reducirán o seu horario 

Así, as oficina da rúa Oliva, a avenida de Lugo e Campolongo en Pontevedra, como todas as de España, abrirán de 09.30 a 12.30 horas e durante todo o tempo de apertura velarase por que traballadores e clientes garden todos os protocolos ditados polas autoridades sanitarias.

Ademais, só estará operativo o persoal estritamente imprescindible para a prestación do servizo público, único servizo que se desenvolverá.

En caso de ser necesario, Correos volverá adaptar a súa operativa en función das circunstancias.

CCOO e UXT acusan a Correos de "irresponsabilidade" maiúscula por poñer en risco o persoal ao non dotala de medidas de protección suficientes, e, "antepoñendo a súa visión de negocio", impoñer unha actividade máis aló dos servizos esenciais recollidos no Real Decreto do Goberno .

As organizacións sindicais esixen á empresa que rectifique a súa posición e reduza a actividade aos servizos mínimos indispensables, cunha limitación de centros e do persoal a nivel de servizos mínimos, para contribuír á contención do coronavirus entre os traballadores e entre cidadáns e usuarios do servizo postal público.