Cortan a N-640 en Cuntis polo accidente dun camión cargado de madeira

Umia
19 de maio 2025

O camión, por motivos que se descoñecen, envorcou sobre a calzada no quilómetro 220 da N-640, en Troáns, o que provocou que o remolque quedara cruzado na estrada

Camión con madeira accidentado en Cuntis Concello de Cuntis

Preto de media hora estivo cortada ao tráfico a estrada N-640, ao seu paso por Cuntis. Foi polo accidente que sufriu un camión que transportaba madeira.

O accidente tivo lugar esta mañá na zona de Troáns, segundo informou o Concello de Cuntis, que pediu "precaución e colaboración" aos condutores da zona.

O camión, por motivos que se descoñecen, envorcou sobre a calzada no quilómetro 220 da N-640, o que provocou que o remolque quedara cruzado na estrada,

Ademais, parte da súa carga soltouse dos amarres e quedou tirada sobre a vía.

A pesar da aparatosidade do accidente, o condutor do camión saíu ileso.

Camión con madeira accidentado en CuntisConcello de Cuntis

Operarios do servizo de mantemento de estradas tiveron que empregarse a fondo para retirar a madeira tirada, de forma que se puidese restablecer a circulación.

Ao lugar acudiron tamén efectivos do servizo municipal de emerxencias de Cuntis e axentes da Policía Local.