O temporal que azouta Galicia desde este xoves segue a provocar numerosas incidencias en Pontevedra. Xunto coa caída de parte da fachada dun edificio do centro histórico, outro incidente na cidade provocou a intervención urxente dos servizos de emerxencia.
As autoridades tiveron que cortar o tráfico na autoestrada AP-9, no tramo entre o saída norte -o nó de Bombeiros- e o saída sur -que dá acceso a Marín e ao nó do Pino-. O motivo, o desprendemento de parte da cuberta metálica da ponte da Barca.
Ademais, este incidente tamén provocou que se interrompese a circulación na propia ponte por motivos de seguridade.
O suceso produciuse sobre as cinco e cuarto desta madrugada.
As chapas que se soltaron estaban situadas na marxe esquerda da ponte, en dirección a Poio. En todo caso, os servizos de emerxencias aclaran que non se produciron danos persoais. Ademais das desfeitas na cuberta, unha das chapas si bateu contra un vehículo que estaba aparcado.
Unha vez que os Bombeiros de Pontevedra retiraron as chapas metálicas que se desprenderon ou que ameazaban con caer, quedou restablecido o tráfico en ambos os viarios.
O tráfico na zona estivo cortado unhas dúas horas, ata as sete e media.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.