Cristina Fallarás e a importancia de rachar o silencio das violencias machistas

Pontevedra
21 de maio 2026
Actualizado: 13:16

O paraninfo do IES Valle Inclán foi escenario dun novo Faladoiro Femeninista coa xornalista, escritora e activista Cristina Fallarás como protagonista

'Faladoiro Feminista' con Cristina Fallarás
'Faladoiro Feminista' con Cristina Fallarás / Cristina Saiz

'Rompendo o silencio das violencias'. Así se titulaba unha das citas destacadas dos Faladoiros Feministas, o ciclo promovido pola Concellería de Igualdade dentro do programa Primavera Feminista.

O paraninfo do IES Valle Inclán acolleu a charla da xornalista, escritora e activista Cristina Fallarás, figura destacada do movemento feminista que en 2018 impulsou o movemento #Cuéntalo, unha iniciativa que recolleu millóns de testemuños en primeira persoa sobre violencia sexual.

Ademais desde o ano 2023 está implicada nun proxecto de recompilación de testemuños sobre violencia machista que xa conta cun arquivo de milleiros de voces.

Fallarás convidou na súa visita a Pontevedra a reflexionar e debater sobre a capacidade das mulleres de dicir basta.

Tamén a valorar o poder de construír entre todas unha historia colectiva, empoderada e alternativa á hetero-patriarcal dominante.

E é que, defende, non hai nada máis revolucionario que a palabra, e a revolución con voz de muller trae consigo testemuños que molestan, que debuxan o mapa da violencia machista, cuestionan o patriarcado e abren paso cara a unha sociedade feminista, igualitaria, diversa e xusta.