Cuntis acondiciona a Pista das Moreiras para mellorar o acceso ao polígono da Ran

Umia
12 de decembro 2018

Un investimento de 34.500 euros, que Cuntis recibe do Plan Concellos da Deputación, permitiron acondicionar a Pista das Moreiras, o camiño de acceso que vai desde o polígono industrial da Ran ao núcleo rural de Guldrigáns

Pista das Moreiras, Cuntis Concello de Cuntis

Un investimento de 34.500 euros, que Cuntis recibe do Plan Concellos da Deputación, permitiron acondicionar a Pista das Moreiras, o camiño de acceso que vai desde o polígono industrial da Ran ao núcleo rural de Guldrigáns.

A obra consistiu principalmente na pavimentación de firme e limpeza e arranxo de cunetas.

Esta era, segundo o Concello de Cuntis, unha obra moi necesaria e demandada polo estado de deterioro e conservación no que se atopaba o firme deste camiño, que requiría dun acondicionamento mediante o pavimentado que permitira poñelo en axeitadas condicións para facilitar o tránsito por parte dos veciños e dos usuarios do polígono.

Ademais, estes traballos incluíron a apertura e limpeza das cunetas para mellorar a evacuación das augas pluviais.