Os portavoces dos tres partidos que compoñen a corporación do Concello de Cuntis acordaron por unanimidade solicitar unha reunión co xerente da área sanitaria para esixirlle solucións aos problemas de persoal que leva sufrindo o centro de saúde de Cuntis e o PAC de Caldas durante os últimos meses.
Na reunión participaron, ademais do alcalde de Cuntis, Manuel Campos; e o concelleiro de Sanidade, José Treviño; ademais do portavoz do PP, Manuel Fernández; e o de Veciñanza, Santiago Martínez.
Así mesmo, acordaron a organización dunha marcha protesta desde o centro de saúde ata a Praza da Constitución o día 31 de outubro ás 20 horas para escenificar o hartazgo de toda a sociedade cuntiense cun problema que continúa sen solución.