Dan por rematadas as obras da estrada que une Caroi e Cavadosa

Cerdedo Cotobade
03 de xullo 2021

A actuación, prevista dentro do plan municipal de mellora de estradas e da rede viaria, contou cun investimento de 46.000 euros nos que tamén incluíron o pintado horizontal de todo o trazado que se atopaba en moi mal estado

Estrada entre Caroi e Cavadosa Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade xa rematou as obras de mellora e pavimentación da estrada entre Caroi e Cavadosa. A actuación, prevista dentro do plan municipal de mellora de estradas e da rede viaria, contou cun investimento de 46.000 euros nos que tamén incluíron o pintado horizontal de todo o trazado que se atopaba en moi mal estado.

A optimización da vertebración interior do concello ao mesmo tempo que se actúa sobre a seguridade viaria tanto de peóns como dos vehículos que diariamente transitan por este vial é outro dos obxectivos que o Concello ten con estas obras, nas que tamén contemplaron o pintado horizontal do vial para mellorar a visibilidade das marxes, aumentar a seguridade do trazado e mellorar a delimitación. 

Segundo informou o alcalde, a estrada entre Caroi e Cavadosa estaba moi deteriorada e foi precisa unha intervención en profundidade para eliminar fochancas e correxir desgastes na calzada polo uso continuado deste vial e indicou que "serven de vertebración interior do noso municipio para dotalos de seguridade vial, actualizar e mellorar o seu estado e facilitar a accesibilidade dos veciños ás súas casas, aldeas e a totalidade do territorio".