Defensa e comuneiros volverán negociar este martes en Vigo polo terreo da Brilat

Pontevedra
07 de setembro 2013

Segundo informaron os comuneiros na cita deberíase avanzar sobre as posibilidades formuladas o pasado mes de xullo. Así esperan que Defensa se decida entre a expropiación ou o pagamento dun canon anual pola cesión dos terreos

Mandos militares diante de parte dos terreos da Brilat na base General Morillo PontevedraViva

O despacho de avogados que representa os os intereses da Comunidade de montes de Salcedo acollerá este martes 10 de setembro unha reunión cos representantes do Ministerio de Defensa para negociar o futuro dos terreos que ocupa a base da Brilat.

Segundo informaron os comuneiros na cita deberíase avanzar sobre as posibilidades formuladas o pasado mes de xullo. Así esperan que Defensa se decida entre a expropiación ou o pagamento dun canon anual pola cesión dos terreos.

Estas mesmas fontes agardan que se concrete a superficie de terreo que demanda a Brilat, que podería recortar as necesidades actuais.

Arquivado en