Denuncian ante a Fiscalía o "enchufe" dunha docente na Escola de Restauración

Pontevedra
18 de maio 2016

No seu escrito achegan numerosa documentación para probar a fraude existente na adxudicación dunha praza

Concentración ante a Xunta para protestar contra o "enchufe" en Restauración
Concentración ante a Xunta para protestar contra o "enchufe" en Restauración / CIG-Ensino

Un grupo de docentes da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra ven de poñer en coñecemento da Fiscalía uns feitos que sinalan coma un caso de "enchufismo" por considerar que "poden ser constitutivos de delito".

No seu escrito achegan numerosa documentación para probar a fraude existente na adxudicación dunha praza.

Os docentes aseguran que todas as probas solicitadas demostran un trato de favor cara a Beatriz Seco González, a suposta beneficiada pola operación administrativa, que é a nora de María Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.

Paralelamente desde a CIG adiantaron a súa intención de presentar un recurso contencioso administrativo no caso de que non prospere o recurso de reposición que xa interpuxeron ante a Xunta.