Denuncian un condutor reincidente que circulaba co carné retirado na Illa

O Salnés
18 de marzo 2022

A Policía Local da Illa de Arousa remitiu o atestado ao Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa, onde deberá comparecer a próxima semana para un xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria. Non é a primeira vez que é investigado pola mesmos feitos

Axentes da Policía Local da Illa de Arousa nun control
Axentes da Policía Local da Illa de Arousa nun control

A Policía Local da Illa identificou este xoves un veciño da localidade que xa se converteu nun vello coñecido pola súa actitude ao volante. Nesta última ocasión, foi denunciado por conducir a pesar de non ter carné porque perdera todos os puntos. 

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 19:45 horas deste xoves 17 de marzo mentres os axentes realizaban labores de seguridade cidadá na estrada da Franqueira

Os axentes viron a este home conducindo un turismo e déronlle o alto porque xa sabían que tiña o carné retirado. Unha vez que lle identificaron, confirmaron que lle consta unha perda total de puntos.

Os policías procederon a denunciarlle e remitiron o atestado ao Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa, onde deberá comparecer a próxima semana para un xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria. 

Desde a Policía Local destacan que este condutor é reincidente neste delito xa que non é a primeira vez que é investigado pola mesmos feitos

En concreto, este comportamento é constitutivo dun presunto delito contra a seguridade viaria que poderá ser castigado coa pena de prisión de 3 a 6 meses, co pago dunha multa de 12 a 24 meses ou cunha condena a traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.