A Deputación entrega 33 vehículos a clubs deportivos da provincia co programa DepoVAN

Pontevedra
15 de xullo 2026

A institución provincial repartiu 600.000 euros na primeira convocatoria para a adquisición de furgonetas, remolques e equipos para adaptar os vehículos ás persoas con discapacidade

Entrega de vehículos diante do Pazo provincial a través do programa DepoVAN Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra entregou este mércores as primeiras 33 furgonetas, remolques e vehículos adaptados financiados a través do programa DepoVAN, unha iniciativa destinada a facilitar a mobilidade dos clubs deportivos da provincia e reducir os custos derivados dos desprazamentos.

O acto, celebrado diante do Pazo Provincial, estivo presidido polo presidente da Deputación, Luís López, acompañado polos vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez.

Nel participaron representantes dos 33 clubs beneficiarios dunha primeira convocatoria que finalmente repartiu 600.000 euros, o dobre da dotación prevista inicialmente debido á elevada demanda.

Estas axudas permitiron financiar a adquisición de furgonetas, remolques e vehículos adaptados para persoas con discapacidade destinados a entidades de deporte xeral (300.000€), náutico (200.000€) e adaptado (100.000€).

Entrega de vehículos delante del Pazo provincial a través del programa DepoVANDeputación de Pontevedra

As subvencións cobren até o 80% do custo dos vehículos, con importes que alcanzan os 25.000 euros no caso de vehículos novos e 5.000 para os equipos de mobilidade para deportistas con discapacidade.

Durante o a súa intervención, Luís López destacou o gran éxito do programa nesta primeira convocatoria.

Neste sentido, o presidente provincial anunciou que a Deputación de Pontevedra xa traballa nunha segunda edición dotada inicialmente cun millón de euros co obxectivo de ampliar o número de entidades beneficiarias.

"Esta entrega de vehículos non é un agasallo, senón un reconocimeinto xusto ao voso labor e unha mostra de apoio para que sigais adiante", engadiu.

O presidente provincial aproveitou ademais o acto para reivindicar a aposta da Deputación polo deporte. Puxo en valor o labor da vicepresidenta e responsable da área de Deportes, Luisa Sánchez, e fixo fincapé no aumento das axudas a clubs e deportistas.

Entrega de vehículos delante del Pazo provincial a través del programa DepoVANDeputación de Pontevedra

Neste sentido, Luís López tamén lembrou a aprobación de tres plans de infraestruturas deportivas por un valor de 30 millóns de euros para incentivar os concellos a executar melloras nas instalacións municipais ademais da próxima convocatoria de Prodeporte, unha linea de axudas para a mellora das instalacións deportivas da provincia que non sexan de titularidade municipal.

En representación dos clubs, o presidente do Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, Alberto González, agradeceu unha axuda que cualificou de "moi importante" para aliviar o impacto económico que supoñen os desprazamentos.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora