Deputación de Pontevedra e Concello de Caldas reciben unha axuda de 4 millóns de euros do Goberno para dinamización turística

Soutomaior
06 de xullo 2024

O Castelo de Soutomaior máis a carballeira e o xardín botánico do municipio caldense serán os ben turísticos beneficiarios das aportacións económicas

Castelo de Soutomaior
Castelo de Soutomaior

O Ministerio de Industria e Turismo concedeu unha axuda de 4 millóns de euros a dous proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e polo Concello de Caldas, respectivamente. O primeiro para o Castelo de Soutomaior e o segundo para a carballeira e o xardín botánico do municipio caldense.

As axudas proceden do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O seu representante na provincia, Abel Losada felicitou esta achega económica sinalando "a aposta constante e absoluta do Goberno pola administración local, achegando fondos europeos de forma contínua, con total independencia de cor política e financiando proxectos estratéxicos para o turismo da provincia".

No caso do Concello de Caldas recibe 1.452.000 euros para implementar o museo aberto na carballeira e o xardín botánico. No caso da Deputación, os 2.514.122 euros destinaranse a mellora da iluminación, accesibilidade e aplicación de tecnoloxías de realidade virtual no Castelo de Soutomaior.

A convocatoria de axudas do Goberno tiñan por obxectivo potenciar o turismo cultural mediante proxectos de mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico que incorporasen de forma clara a mellora do uso turístico dos bens beneficiarios.