"Os custos non foron a todos nos gustaría que foran menores", así arrancou a súa resposta o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao ser preguntado xunto ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, en rolda de prensa pola investigación aberta pola Fiscalía polo sobrecusto das obras de Pasarón.
"En todo caso se hai unha investigación, pola parte do Concello e supoño que pola Deputación se van a dar todas as facilidades para que se profundice e se investigue o que se poida investigar, non temos nada que ocultar. Nos parece espléndido", dixo Lores.
Pola súa banda, Rafael Louzán, referendou as palabras do rexedor "creo que a Fiscalía actúa con rigor a hora de pedir a documentación que é o que procede", suliñando que tanto a obra coma os modificados foron supervisados polos técnicos e políticos, ainda que "o verdadeiramente importante é o partido da fase de ascenso", chanceou.