Desaconsellan o baño na praia da Carabuxeira por problemas na auga

Sanxenxo
14 de xullo 2022

As análises da auga na praia da Carabuxeira, realizados pola Consellería de Sanidade nos últimos días, conclúen que o baño non é recomendable. Así o comunicou o Concello de Sanxenxo ao comprobar que os resultados destas probas demostran que hai "parámetros alterados" nas analíticas

A Carabuxeira tras os aportes de area
A Carabuxeira tras os aportes de area / Concello de Sanxenxo

As análises da auga na praia da Carabuxeira, realizados pola Consellería de Sanidade nos últimos días, conclúen que o baño non é recomendable.

Así o comunicou o Concello de Sanxenxo ao comprobar que os resultados destas probas demostran que hai "parámetros alterados" nas analíticas.

Os técnicos de Espiña e Delfín, concesionaria do servizo de saneamento en Sanxenxo, están a traballar na procura da orixe do problema para solucionalo canto antes.

A praia da Carabuxeira incluíuse este ano no control de calidade de auga que, de maneira periódica realizan as autoridades sanitarias, para que puidese optar á bandeira azul.