Despregue policial para dar seguridade a comercios en Nadal

Pontevedra
15 de decembro 2014

A Policía Nacional activa o dispositivo especial "Comercio Seguro" durante as datas navideñas. Ata o próximo 8 de xaneiro estará operativo nas cidades

Dúas patrullas da Policía Nacional na rúa Benito Corbal PontevedraViva

A Dirección Xeral da Policía activou, como cada ano, o dispositivo especial "Comercio Seguro" co fin de reforzar a seguridade, tanto obxectiva como subxectiva, durante as datas de Nadal e previr a comisión de feitos delituosos como hurtos, roubos con violencia ou intimidación, fraudes ou roubos con forza.

O dispositivo policial estará activo ata o próximo 8 de xaneiro, principalmente nas vías de maior actividade comercial, mercadiños tradicionais, e zonas de lecer e diversión.

Todos os axentes destinados en áreas de Seguridade Cidadá incrementarán os servizos operativos de prevención en lugares de maior risco para comerciantes e viandantes, e potenciarán a presenza policial en zonas de afluencia de persoas.

A Dirección Xeral da Policía involucrou tamén neste dispositivo "Comercio Seguro", na súa liña de de sumar forzas en beneficio da seguridade de todos, ás Policías Locais e Autonómicas, así como ao persoal de Seguridade Privada, para poder desenvolver respostas aínda máis áxiles e eficaces.