Detectan unha vertedura no río Tomeza procedente dunha tubaxe

Pontevedra
23 de agosto 2014

Integrantes do colectivo Vaipolorío encontraron esta vertedura en Vilaboa mentres realizaban os habituais labores de mantemento do sendeiro que desenvolven durante os fins de semana

Vertedura no río Tomeza
Vertedura no río Tomeza / Vaipolorío

Integrantes do colectivo Vaipolorío encontraron unha vertedura no río Tomeza (Gafos) no lugar de Varcias, ou Alcouce, en Figueirido, concello de Vilaboa, mentres realizaban os habituais labores de mantemento do sendeiro que desenvolven durante os fins de semana.

A vertedura procede dun vello cano que desemboca no río e polo que se desprende un líquido espeso e de cor escura.

Os representantes da asociación puxeron o incidente en coñecemento do servizo de emerxencias do 112 e ata o lugar se trasladou persoal do servizo de control de verteduras de Augas de Galicia e da Policía Autonómica.