Deteñen un home de 30 anos que agrediu violentamente a súa parella diante do fillo

Pontevedra
28 de outubro 2021

A media tarde do 26 de outubro, axentes da Policía Local de Pontevedra acudían a un domicilio a requirimento dun familiar dunha muller para atender un caso de presunta violencia de xénero. Ao chegar comprobaron que o detido pegou reiteradas puñadas en todo o corpo da súa muller

Axentes da Policía Local de Pontevedra
Axentes da Policía Local de Pontevedra / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra informaba este xoves de que o martes 26 de outubro detiña a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Sobre as 17.45 horas, os axentes recibiron o requirimento dun familiar dunha muller para que acudisen a un domicilio do municipio para atender a unha vítima de violencia de xénero.

Segundo o relato recolleito polos axentes, durante o transcurso dunha disputa familiar, o home, de 30 anos de idade, agredía violentamente a súa esposa. O presunto agresor tiraba á vítima ao chan e propináballe reiterados puñadas en todo o corpo. A acción violenta producíase ante a  presenza do fillo da parella, un menor de idade.

Tras a agresión, o home abandonaba a vivenda familiar e os axentes lograron localizalo noutro domicilio. Ante a presenza policial, recoñeceu a agresión e indicou que dera puñadas en varias partes do corpo da muller, ademais de mordela no brazo.

Os axentes procederon á súa detención e trasladaron a este veciño de Pontevedra ás dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial.