Andaina polo Camiño Portugués para mobilizar a poboación contra a violencia de xénero

Pontevedra
10 de novembro 2021

O Grupo de Desenvolvemento Rural organiza esta marcha dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza baixo o lema 'O rural contra a violencia de xénero'. Será este sábado 13 de novembro a partir das 11.00 horas. Partirá da Capela de Santa Marta de Bértola, en Vilaboa, para finalizar na sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Mourente, no municipio de Pontevedra. É necesaria inscrición previa

Fragmento do cartel da andaina contra a violencia de xénero do GDR Pontevedra-Morrazo
Fragmento do cartel da andaina contra a violencia de xénero do GDR Pontevedra-Morrazo

Este sábado 13 de novembro está convocada unha andaina que organiza o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo. Trátase dunha proposta que figura dentro da campaña 'Rachemos coa indiferenza' e que leva o lema 'O rural contra a violencia de xénero'.

O roteiro conta cun percorrido de seis quilómetros e correspóndese cun tramo do Camiño de Santiago Portugués. Comezará ás 11.00 horas na Capela de Santa Marta de Bértola, no municipio de Vilaboa, para finalizar na sede do GDR Pontevedra-Morrazo na parroquia pontevedresa de Mourente.

Para participar é necesario remitir ao correo electrónico [email protected] a folla de inscrición que se atopa na páxina web de GDR cos datos que se solicitan. Tamén é posible apuntarse a través do teléfono 986.108.144.

Esta iniciativa busca sensibilizar e concienciar á poboación na loita contra a violencia de xénero dentro do marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración con AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia.