A Policía Nacional detivo na peaxe da AP-9 en Pontevedra a unha banda itinerante de xeorxianos que se dedicaba supostamente a roubar en vivendas.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, trasladou este sábado a súa felicitación "aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, sinaladamente á Policía" por esta intervención que, segundo dixo, permitirá que "esteamos moito máis tranquilos".
Segundo detallou a operación segue aberta polo que nou descartou que se produzan máis detencións nas próximas horas.
Fontes policiais apuntan a que na peaxe interceptaron a tres vehículos arrestando aos seus ocupantes, polo menos seis persoas que foron trasladadas a dependencias policiais de Vigo.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)