As últimas horas do 2025 en Pontevedra dejan diferentes incidencias notificadas polo Concello a partir dos informes da Policía Local.
Na mañá do mércores 31 de decembro produciuse a detención dun home tras saltarse as medidas de protección do sistema VioGén para vítimas de violencia de xénero establecidas polos organismos policiais e xudiciais para a protección integral das mulleres vítimas de maltrato.
Na mesma xornada do mércores, tamén pola mañá, tramitáronse dilixencias polo caso dunha persoa que circulaba nun vehículo e deu positivo no control de alcohol.
Durante a tarde rexistrouse unha saída de vía na rúa da Pomba sen feridos, pero con resultado tamén de positivo por alcolemia e a correspondente actuación policial.
Xa na noite do mércores 31 ao xoves 1 de xaneiro, a Policía Local interveu nunha pelexa na rúa Serra, na que unha persoa resultou ferida e foi trasladada a un centro sanitario. Axentes da Policía Nacional interviron na investigación do enfrontamento.
Ademais, verificouse unha saída de vía na avenida de Montecelo sen feridos, pero novamente con positivo en alcoholemia e apertura de dilixencias.