A Policía Local de Pontevedra detivo en dous días dúas persoas por un delito contra a saúde pública. Tiñan no seu poder ou vendían pequenas doses de substancias estupefacientes.
O primeiro detido foi o 5 de setembro. Os axentes municipais realizaban labores de control preventivo de alcohol e drogas cando lle deron o alto a un vehículo no que circulaba un condutor que deu positivo en cocaína e THC.
Os axentes notaron que no interior do coche había un forte cheiro a marihuana, polo que realizaron un rexistro e atoparon unha bolsa plástica co que parecía ser marihuana.
Confirmaron que a bolsa tiña un peso superior ao permitido para o consumo propio, de maneira que o condutor foi denunciado, detido e posto a disposición xudicial.
Ao día seguinte, na madrugada do 6 de setembro, os axentes localizaron unha segunda persoa vendendo droga na vía pública.
Trátase dunha persoa coñecida policialmente por intervencións de consumo e tenencia de estupefacientes. Estaba sentada nunha terraza dunha praza da cidade e os axentes observaron que intercambiaba cartos por un plástico que contiña una substancia de cor branca.
Fixéronlle un rexistro e localizáronlle once envoltorios de plástico de cor branco, supostamente cocaína, cun peso superior aos 10 gramos.
Outra patrulla policial interceptou o comprador. Xunto a unha terceira persoa dispoñíanse a consumr a substancia mercada.
O vendedor foi detido e trasladado aos xulgados e aos consumidores interpúxoselles unha sanción por consumo e tenencia de substancias estupefacientes.