Dezanove matrimonios de Poio bañados en ouro

Poio
30 de novembro 2025

A Casa Rosada foi escenario dunha homenaxe do Concello a 19 matrimonios do municipio que cumpriron ou cumpren este ano 50 anos de casados

Homenaxe a 19 matrimonios de Poio polas súas vodas de ouro
Homenaxe a 19 matrimonios de Poio polas súas vodas de ouro / Concello de Poio

Un día "especial e emotivo" o vivido este domingo en Poio.

A Casa Rosada foi escenario da homenaxe do Concello de Poio a 19 matrimonios do municipio con motivo dos seus 50 anos de casados, as súas vodas de ouro.

Ao acto, ademais dos protagonistas e de amigos e familiares, acudiron o alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Benestar, Natividad Torres.

Cada matrimonio recibiu un diploma conmemorativo e un ramo de flores como símbolo da súa traxectoria vital e longa convivencia.

Trátase segundo o alcalde de "unha das celebracións máis emotivas do ano, porque nos lembra que o que realmente constrúe unha sociedade forte son as historias de vida compartidas".

Por iso asegura que "estes matrimonios representan o mellor da nosa comunidade: o compromiso, o coidado mutuo e a capacidade de superar xuntos os desafíos de toda unha vida".

O ambiente emotivo do acto permitó lembrar historias familiares e anécdotas de medio século de compromiso.

Unha unión que curiosamente comezou no ano 1975 coincidindo coa morte de Francisco Franco e por tanto co fin da ditadura.