Dispositivo especial de tráfico en Ponte Caldelas durante a Festa dos Dolores

Ponte Caldelas
26 de agosto 2014

Este operativo considera ademais a creación de zonas de aparcadoiro disuasorio nas entradas e saídas da vila dende Pontevedra, Aguasantas-Cotobade, A Insua-Soutomaior-Arcade e Caritel-Forzáns-A Lama

Pasos de peóns elevados na Avenida de Pontevedra Concello de Ponte Caldelas

Este martes 26 de agosto púxose en marcha en Ponte Caldelas un dispositivo especial de tráfico coa intención de facilitar o normal desenvolvemento das Festas dos Dolores.

Deste modo, ata o día 2 de setembro, habilitaranse zonas de aparcadoiro disuasorio nas entradas e saídas da vila dende Pontevedra, Aguasantas-Cotobade, A Insua-Soutomaior-Arcade e Caritel-Forzáns-A Lama.

O dispositivo iniciouse ás 15:00 horas con restricións de aparcadoiro na Praza de Fornelos de Montes, ámbito da Praza de Abastos e Praza de España para posibilitar a instalación das atraccións de feira.

Dende o sábado 30 ata o martes 2 de setembro non se poderá estacionar no ámbito da Praza de Abastos nin tampouco circular por esta zona, que ocuparán os escenarios das orquestras.

O plan especial complétase coa prohibición, o martes 2, de aparcar na Rúa da ponte, Avenida de Vigo, Avenida de Pontevedra e Avenida de Galicia dende as 19 horas e ata que finalice a Procesión en honor á Virxe dos Dolores.