Do rescate ao coidado e a adopción: así es o labor solidario dos Palleiros

Pontevedra
19 de marzo 2017

Coñecer o traballo da asociación, pasar un bo intre cos 150 cachorros que teñen nas instalacións e, de paso, achegar un gran de area para que poida seguir adiante co seu traballo. Con este obxectivo achegáronse decenas de persoas ás xornadas de portas abertas organizadas por Os Palleiros  

Xornada de portas abertas de Os Palleiros
Xornada de portas abertas de Os Palleiros / Diego Torrado

Coñecer o traballo da asociación protectora de animais Os Palleiros, pasar un bo intre cos 150 cachorros que teñen nas instalacións da canceira municipal e, de paso, achegar un gran de area para que o colectivo poida seguir adiante co seu traballo. Con este obxectivo achegáronse este sábado decenas de persoas ata Campañó  para participar nas xornadas de portas abertas organizadas por Os Palleiros

A presidente do colectivo, Gloria Cubas, valora de forma moi positiva a xornada, na que recibiron visitantes sen descanso tanto pola mañá -de 11.00 a 13.00 horas- como en horario de tarde -de 16.00 a 19.00 horas- Segundo explicou, "se acercó bastante gente" e tiveron a "oportunidad" de "dar a conocer nuestra labor desde que entra un perro hasta que se facilita la adopción"

O seu labor vai desde o rescate dos animais abandonados aos coidados diarios e, como fin do proceso, a adopcion. Quen respondeu á xornada de portas abertas puideron coñecer os 150 cans que teñen na actualidade nas instalacións á espera da adopción, aos que hai que sumar outros 20 que Os Palleiros ten en casas de acollida, e dos que afrontan os gastos xerados. 

Segundo explicou Cubas, os asistentes realizaron percorridos en grupo polas instalacións e, ao terminar, puideron aportar para o sostemento de Os Palleiros comprando no posto instalado á entrada. En canto á recadación, noutras actividades e mercadillos realizadas foi superior, pero "non hai queixas". 

Os asistentes "disfrutaron de los cachorros" e tanto pequenos como maiores gozaron do inchable situado nas instalacións para a ocasión, incluídos integrantes da directiva da asociación. 

Para este semana a actividade seguirá sendo intensa en Os Palleiros. Este xoves 23 impartirán unha charla para escolares de Primaria do colexio Sagrado Corazón e un grupo de oito alumnos de ESO doutro colexio acudirán á canceira para coñecer o seu traballo.