O adro da igrexa Virxe do Camiño de Pontevedra e a súa contorna volveu encherse este domingo dentro da celebración de 'Thanksgiving' organizada pola parroquia.
Durante a tarde do sábado o ado encheuse de música e convivencia e este domingo repetiu éxito, con moita música e comida.
Non faltou a vertente relixiosa. A celebración iniciouse ás 12.00 horas coa Misa de Acción de Gracias, o coñecido comoThanksgiving'.
A partir de aí, todo foi festa e bo ambiente e a praza encheuse de persoas de todas as idades, de dentro e de fóra da parroquia.
Tamén tivo peso a vertente gastronómica. Durante a mañá entregáronse os premios do concurso MasterChef e, a partir das 13.00 horas tivo lugar no atrio a iniciativa solidaria 'Come por Cáritas'.
Callos e paellas cociñadas por alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza foron as estrelas do mediodía con comensais que encheron as mesas instaladas na contorna.
A música volveu ter protagonismo. Sorteáronse dúas entradas para o festival O Son do Camiño e a sesión vermú estivo amenizada polo Somoza Trio.
Os máis pequenos e pequenas tamén puideron gozar con barrachas e inchables e coas caricaturas en acuarela de Rafa Prieto.
Pola tarde, a programación inclúe o evento 'Os Queremos', con música de Los Tres Soles del Paraguay, bingo, chocolate e premios para as persoas maiores de 65 anos.

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño