O entroido pontevedrés encara xa a súa recta final, mirando cara á súa segunda fin de semana que comezará cunha das citas obrigadas para o público, a Mostra da Parodia.
A XXV edición deste evento, que se tranformó nos últimos anos para encher de cor diferentes prazas e rúas do centro da cidade, celebrarase este venres 8 de marzo.
Un total de 12 agrupacións participarán este ano na exhibición, que se iniciará ás 22:30 horas e ten previsto o seu fin á 1:00 da madrugada.
A Mostra da Parodia quedou repartida da seguinte maneira:
| AGRUPACIÓN | UBICACIÓN |
| Os do Val do Lérez | Praza de España |
| Vamos a todo | Soportais da Ferrería |
| Amoriños de Bora | Praza da Peregrina |
| Os das Pistas | Frente Sidrería Montañés |
| Reriativa de Xeve | Michelena-Gutiérrez Mellado |
| Praza Curros Enríquez | |
| O que temos que facer para non ir ao mar | Praza Curros Enríquez |
| Equipo Ja | Praza de Ourense |
| Os Tremendos | Rúa Alhóndiga |
| Parodia PTV | Manuel Quiroga |
| Las Flores del Carnaval | Praza da Ferrería |
| La Reina de los Inodoros | Praza da Leña |