O Partido Popular quere impulsar unha batería de propostas para facilitar o acceso dos mozos á vivenda, ademais de "atraer y retener talento joven" en Pontevedra ofrecéndolles "empleo de calidad" para que decidan "construir su proyecto de vida" na cidade.
Así o anunciou Rafa Domínguez, que adiantou que iniciará unha rolda de contactos co Colexio de Arquitectos Técnicos de Pontevedra, o Colexio Oficial Arquitectos de Galicia, os promotores e os construtores que teñen a Pontevedra no seu ámbito de actuación.
"Quiero liderar una Pontevedra moderna, en la que ayudemos a los jóvenes a encontrar una vivienda a un precio asequible y ofrecer oportunidades de empleo", sinalou Domínguez.
A actualización do PXOM e o Peprica, a creación de solo industrial con bonificacións fiscais para as empresas que contraten mozos pontevedreses ou unha maior colaboración institucional coa Universidade de Vigo son algunhas das medidas propostas polo PP.
A este respecto, o líder popular defendeu que o Concello debe colaborar coas autoridades universitarias para impulsar unha residencia de estudantes no centro de Pontevedra, que eles ven no Hospital Provincial, e reclamar máis graos e facultades.
A iso sumou unha necesaria redución dos tempos de concesión das licenzas municipais co uso da ferramenta ECCOM da Xunta de Galicia, que achega seguridade e celeridade ás administracións locais en materia de control urbanístico.
Para Domínguez, os mozos "tienen que ser los grandes protagonistas del cambio que necesitamos para avanzar como capital de provincia".
Para iso, segundo os populares, hai que cambiar o "discurso negacionista" que o goberno municipal traslada ás empresas, avanzando cara a un modelo que cree máis solo industrial e de aplique bonificacións para que as empresas se instalen no termo municipal.
Ademais, o PP reivindica tamén activar programas de inserción laboral para menores de 36 anos ou impulsar unha maior proxección cara ao exterior para captar máis investimentos rendibles para un municipio ao que "no nos resignamos que sea visto como una ciudad dormitorio".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.