A negativa do BNG a que os áridos que se extraian no dragado do río Lérez se depositen nas inmediacións de Sálvora, o punto de vertedura autorizado polo Goberno, non gustou no seo do PP que acusou os nacionalistas de "boicotear" esta actuación.
Rafa Domínguez lamentou que o BNG estea a utilizar este dragado como "arma política", tanto na ría de Arousa como en Madrid, e ameacen con "bloquear" un proxecto "tan necesario y demandado" na cidade de Pontevedra.
"Tienen la intención clara de frenar el dragado", denunciou Domínguez, que esixiu ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que non sexa "sumiso" ao seu partido e "alce su voz" ou, pola contra, "será cómplice del boicot del BNG al dragado del Lérez".
O líder do PP lamentou que a "marginación" á que o Goberno de Pedro Sánchez somete a Pontevedra provocara "cuatro años perdidos" na tramitación deste dragado, a pesar da "celeridad" mostrada pola Xunta.
A este respecto, lembrou que foi o Goberno central, en abril de 2021, o "culpable" de paralizar o depósito de áridos en Sálvora, á espera dun estudo de alternativas que concluíu que ese punto de depósito é a alternativa "prioritaria".
A día de hoxe, sostivo Rafa Domínguez, a Xunta atópase á espera de que Transición Ecolóxica autorice o lugar definitivo de depósito dos áridos para iniciar a tramitación ambiental e a posterior licitación das obras do dragado.
"El único obstáculo que queda es la falta de autorización por parte del Gobierno de Sánchez", reiterou Domínguez, que rexistrará unha moción no próximo pleno para esixir o respaldo unánime de toda a corporación municipal ao dragado do Lérez.
Defendeu que o PP "no va a poner palos en la rueda ni dudar de la opinión de los expertos" a diferenza dun "BNG del non a la AP-9, non a Inditex, non a reabrir Reina Victoria y non a Ence" e que agora está a ser "el BNG del non al dragado del Lérez".