Eliminan unha vertedura de augas residuais ao río Gafos en Salcedo

Pontevedra
05 de setembro 2020

Persoal de Augas de Galicia localizou nos últimos días un punto de vertedura ao río Gafos que vén de ser resolto. Eran augas residuais procedentes dun colector de saneamento situado no lugar da Cancela, na parroquia de Salcedo

Vertedura no río Gafos / ARQUIVO
Vertedura no río Gafos / ARQUIVO /

Persoal de Augas de Galicia localizou nos últimos días un punto de vertedura ao río Gafos que vén de ser resolto. Eran augas residuais procedentes dun colector de saneamento situado no lugar da Cancela, na parroquia de Salcedo.

Tras un aviso recibido a través do 112 Galicia, a inspección permitiu constatar a existencia dunha filtración de augas residuais ao río procedente do colector de saneamento.

Os feitos observados puxéronse en coñecemento do Concello de Pontevedra, para que se adoptasen as medidas oportunas.

O Concello, a través da empresa concesionaria do servizo municipal de augas, reparou as deficiencias detectadas nun pozo de rexistro da rede municipal de saneamento, que orixinaban a achega contaminante.

Nunha inspección posterior, os técnicos de Augas de Galicia constataron a emenda da filtración no colector de saneamento que orixinaba o vertido ao Gafos.