Empezan a instalar as novas pistas deportivas de Barcelos

Pontevedra
01 de setembro 2016

Estes elementos deportivos están a instalarse na zona recentemente reformada da praza, próximos ao muro do convento de Santa Clara

Instalación das novas pistas deportivas en Barcelos
Instalación das novas pistas deportivas en Barcelos / PontevedraViva

Operarios municipais comezaron esta semana a instalar as novas pistas deportivas proxectadas na zona recentemente reformada da praza de Barcelos.

Esta zona, peqada ao parque infantil e próxima ao muro do convento de Santa Clara, contará con dúas canchas con porterías e canastras para xogar a fútbol e baloncesto. Ademais instalarase unha superficie para xogar ao tenis de mesa.

Todo a área estará equipada con bancos e papeleiras e terá ademais unha fonte.

Os traballos finalizarán en poucos días, completando esta zona de lecer infantil, unha das máis usadas da cidade.

O obxectivo, sinala o goberno local, é dotar aos barrios da cidade con este tipo de instalacións deportivas, ata agora pouco frecuentes.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora