O Concello de Pontevedra, en coordinación coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, está a realizar xa os primeiros traballos nos tres cedros do parque das Palmeiras que se viron seriamente danados nos últimos temporais, dous deles con dificultades para a súa recuperación.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, o departamento municipal de Parques e Xardíns está a realizar tarefas de limpeza, mantemento e seguridade na contorna destas árbores do século XIX recollidas no Catálogo de Árbores Xenlleiras de Galicia para evitar futuros desprendementos de ponlas.
As primeiras tarefas a realizar xa foron enfocadas a podar algunhas partes de ramas para evitar que caeran sobre o parque e agora a prioridade de Parques e Xardíns é deixar o ámbito seguro e valado para evitar futuros problemas, especialmente tendo en conta de que están anunciadas novas chuvias fortes nos vindeiros días. Durante un tempo que aínda non se concretou, a zona permanecerá valada para garantir a seguridade.
O obxectivo é tratar de conservar todas as árbores que se poidan, pero a valoración final aínda está por pechar.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.