As obras para habilitar unha parcela da rúa Concepción Arenal de Marín como aparcadoiro público son xa unha realidade.
Os operarios traballan no acondicionamento do terreo co obxectivo de que os traballos poidan concluírse antes de final do mes de xaneiro para minimizar a redución de prazas de estacionamento que provocarán as obras proxectadas nesa rúa.
En total habilitarase unha leira de máis de 2.200 metros cadrados situada á beira da gasolineira.
O contrato de cesión deste terreo asinouse por dous anos, segundo informou o Concello de Marín.