O xornalista Javier Casal, director do programa Hora 14 na Cadea Ser, tamén é coñecido doutra maneira "en Marín si eres o fillo de Pichichi, eres Pichichi ‘pequeño’" e así se presentou diante dos seus veciños no pregón das Festas do Carmen ao que deu lectura este sábado na Alameda.
O seu pai gañouse ese mote "sudando la camiseta del Marín en el campo de San Pedro" e el lóceo con orgullo aínda que outros moitos só coñézano porque "yo soy el que sale dando noticias por la radio a la hora de la comida".
Javier Casal lembrou a súa historia familiar "que es común a muchas vidas en Marín", explicou, "naces en Marín y llegado el momento te vas, te marchas a estudiar, a trabajar fuera, te vas a la mar… Pero a Marín siempre vuelves. Seguramente más de lo que puedes pero menos de lo que quieres".
Así, precisamente con esas "Historias de Marín e volta" o xornalista evocou o Marín da súa infancia, desde os seus estudos no Chan do Monte, o Trole, o roteiro do chiquiteo, a radio pirata que montou en casa dos seus pais ou os anos en Radio Pontevedra onde coñeceu a Rosa Ardá "una cañoteira que me aguanta desde hace 30 años y que tuvo a bien darme el “Sí quiero” en el salón de plenos del Concello".
Ademais do pregón a xornada do sábado incluíu a actuación musical de Lucía Pérez e o Marín Dance Festival no parque Eguren.
Para este domingo seguirán abertas na Alameda as casetas cos viños das adegas Ribeiras do Morrazo e están previstos pasarrúas o Grupo de Gaitas Carballido e da charanga Jalácticos. O parque Eguren será escenario a partir das 21.30 horas de Lingua Guapa.