En primavera estará en marcha o plan de autoprotección no Príncipe Felipe

Pontevedra
15 de novembro 2017

A deputada delegada do Príncipe Felipe tamén indicou que na primavera de 2018 estará plenamente operativo ese plan de autoprotección do centro que se aplicará en situacións de emerxencia para case 1.400 persoas usuarios. Ademais presentouse un microbús para persoas con mobilidade reducida

5a0c7e1d61-busprincipe2.jpg Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra iniciaba esta semana a aplicación do novo plan de autoprotección para o Príncipe Felipe coas primeiras reunións de traballo entre a empresa adxudicataria e a dirección e persoal do centro infantil. A través deste documento establecerá os protocolos para previr e controlar os riscos dos usuarios e dos bens e as instalacións do centro

A implantación do novo plan de autoprotección será unha novidade e de obrigatoria aplicación nos centros residenciais co obxectivo de garantir que todos os usuarios saiban como actuar ante situacións de perigo dentro destas instalacións.

A través deste documento saberase como actuar en casos de perigo como incendios, catástrofes naturais e outras situacións de violencia que poidan afectar ás 1.340 persoas que traballan nos diferentes centros que forman parte das instalacións do Príncipe Felipe: centros de acollida, a escola infantil, colexio de infantil e primaria, centro de hostalería Carlos Oroza, o instituto Montecelo e o centro de Educación Especial. 

O plan será redactado pola empresa Incope Consultores S.L., que presentou un orzamento de 22.150 euros, rebaixando os 33.000 euros da base de licitación, segundo indícase desde o departamento que dirixe a deputada Eva Vilaverde. Terá que estar finalizada a redacción antes de marzo de 2018 e a previsión é que se atope operativo na primavera. 

NOVO MICROBÚS ADAPTADO

A deputada Eva Vilaverde presentaba este mércores o novo microbús adquirido desde a Deputación para os usuarios dos centros de acollida do Principe Felipe. O vehículo adquiriuse por 148.000 euros e empregarase en traslados dos menores a difentes actividades e centros educativos. 

Con este novo autobús mellórase a seguidad e ofrece posibilidades para persoas que presentan mobilidade reducida. Actualmente hai tres menores en cadeira de rodas.

A Deputación tamén realiza unha poxa pública para quen estea interesado dun minibús e dun autobús de 55 prazas que non son utilizados pola institución. O microbús conta con 20 prazas e o prezo de saída é de 1.050 euros, mentres que o de 55 prazas é de 1.000 euros. As ofertas pódense presentar ata o 23 de novembro. A poxa pública será o 29 deste mes, tal e como establece o BOP.