ENCE asegura que a fábrica de Pontevedra reduciu nun 25% as emisións olorosas

Pontevedra
01 de febreiro 2018

Nun comunicado oficial o Grupo Ence informa que a súa fábrica de Lourizán logrou reducir nun 25% as súas emisións olorosas en 2017 respecto ao ano anterior. "Ditas emisións foron de menos de 1 minuto diario de media, fronte aos 1,5 minutos de media rexistrados pola fábrica en 2016"

Fabrica de Ence en Lourizán
Fabrica de Ence en Lourizán / Mónica Patxot

Nun comunicado oficial o Grupo Ence informa que a súa fábrica de Lourizán logrou reducir nun 25% as súas emisións olorosas en 2017 respecto ao ano anterior. "Ditas emisións foron de menos de 1 minuto diario de media, fronte aos 1,5 minutos de media rexistrados pola fábrica en 2016".

Segundo a empresa pasteira, as emisións de sulfuro de hidróxeno (SH2), parámetro característico do cheiro, diminuíron notablemente alcanzándose unha redución do 63% na Caldeira de Recuperación e un 55 % nos fornos de cal.

Ence salienta que desde o inicio do proxecto "Cero Olor" en 2010, alcanzouse unha redución de máis do 99% no número de episodios olorosos.

O comunicado da empresa Ence engade respecto ao resto de parámetros de emisións á atmosfera, que todos eles "están moi por debaixo dos límites establecidos na Autorización Ambiental Integrada". Para a mellora do comportamento ambiental, aplicouse o principio de mellora continua coa metodoloxía 6 sigma focalizada na redución das emisións na caldeira de recuperación e fornos de cal.

Desta maneira, os resultados alcanzados permiten á fábrica de Pontevedra cumprir os valores do rango de referencia do Bref que serán de aplicación a partir do último trimestre do ano.

Finalmente Ence engade que estes resultados obtéñense como consecuencia "do compromiso de todas as persoas que traballan en Ence así como polo esforzo investidor que a compañía veu levando a cabo nos últimos anos para a implantación das mellores tecnoloxías para mellora do comportamento ambiental".